Filosofía
 

Filosofía

Comprometidos co medio, con altos niveis de calidade no traballo e coa sociedade en xeral, o noso obxectivo é que cada tonelada de produto vendida aos nosos clientes sexa producida dun xeito eficaz, sustentable e co máximo valor engadido.

A nosa marca de identidade é a proximidade co cliente: asesorámolo na toma de decisións, mantendo con el sólidos compromisos e poñendo á súa disposición un equipo de enxeñeiros cun alto nivel de coñecementos e de experiencia.

Participamos en proxectos I+D+i e colaboramos coa Universidade, achegando o noso coñecemento técnico na formación dos enxeñeiros do futuro.