Por que Russula?
Russula é unha empresa especializada en ofrecer servizos de enxeñería e automatización para os sectores do aceiro e do aluminio. Ao contratar a unha empresa especializada o cliente asegúrase de que os enxeñeiros que leven a cabo o proxecto teñan unha longa experiencia nos procesos de produción.
O noso obxectivo é buscar continuamente as mellores solucións para realizar o seu proxecto nun tempo récord. O noso equipo traballará en colaboración cos equipos de dirección e operacións da súa fábrica para alcanzar deste xeito os seus obxectivos con éxito.
Experiencia
Con 20 anos de experiencia, dispoñemos dun grupo altamente cualificado, o que nos permite garantir unha solución aos problemas que se poidan presentar e unha toma de decisións rápidas e eficaces. O coñecemento do proceso é de gran valor para asegurar que a súa instalación funcione de xeito correcto e que teña a mellor asistencia técnica.
Dedicación ao cliente
En Russula dedicámonos aos nosos clientes, dende a flexibilidade na negociación dos acordos contractuais ata a posta en marcha o máis rápida posible dos proxectos. O noso equipo é coñecido en todo o sector pola súa capacidade de traballo e o esforzo dedicado a finalizar con éxito os proxectos.



