Recursos Humanos
Russula é unha empresa con 20 anos de experiencia no sector da enxeñería e automatización de procesos industriais. Ten oficinas en EEUU, Brasil, Arxentina, India e, dentro de España, en Barcelona e na Coruña (onde se atopan as oficinas principais). Dispón dun persoal novo, con gran capacidade e enerxía para deseñar e achegar solucións creativas e innovadoras que xeren resultados prácticos para os nosos clientes.
Por que Russula?
Porque é unha empresa en pleno proceso de expansión, tanto na gama de produtos que subministra como a nivel xeográfico.
Porque traballando en Russula poderás:
- Traballar en equipo, as ideas que achega cada persoa son importantes.
- Asumir continuamente novos retos.
- Traballar nunha contorna multinacional, onde terás a oportunidade de viaxar e coñecer diferentes países e ambientes de traballo.
- Desenvolverte profesionalmente mediante unha ampla formación continua.



