Oportunidades laborais
 

Traballar en Russula

Buscamos persoas que teñan capacidade para deseñar e achegar solucións creativas e innovadoras que xeren resultados prácticos.

Ofrecemos unha atractiva carreira profesional dentro dunha empresa en expansión, traballando nunha contorna internacional.

Área de Xestión

Preferentemente candidatos cun MBA/Máster de Xestión de Empresas e gran sentido da responsabilidade, para deseñar e poñer en práctica a nosa estratexia global de vendas, mercadotecnia, compras e loxística.

Área Técnica

Enxeñeiros Industriais e Técnicos das especialidades de electricidade, electrónica, automática e mecánica, técnicos de formación profesional e profesionais con experiencia en calquera dos procesos da industria do aceiro.