Medio Ambiente e Calidade
RUSSULA CO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Russula, comprometida co medioambiente, implantou un Sistema de Xestión Ambiental segundo a norma ISO 14001:2004.
- O 80% dos nosos proxectos contribúen ao aforro de recursos naturais.
- No noso esforzo por lograr unha excelente xestión ambiental, participamos nas seguintes iniciativas:
- Minimizar residuos
- Reciclar (madeira, plástico, cartón)
- Segregar residuos enviándoos a xestores autorizados e plantas de reciclaxe (papel, toner, tinta).
- Russula tómase moi seriamente o seu compromiso ambiental e controla o seu progreso na redución do gasto de recursos naturais. Dende o comezo da iniciativa, conseguimos reducir o consumo de papel (nun 35%), de enerxía eléctrica (nun 15%) e de auga (nun 5%), tal e como se mostra nos gráficos. (PDF).
- Russula estableceu a revisión periódica dos seus obxectivos coa fin de garantir o cumplimento dos principios establecidos na súa política e mellorar así a súa Xestión Ambiental.
RUSSULA COA CALIDADE
Russula comprométese a ofrecer produtos de alta calidade mediante un Sistema de Xestión de Calidade segundo a norma ISO 9001:2000. Coa fin de asegurar un bo nivel de satisfacción do cliente, Russula considera que só cunha boa xestión e control dos procesos produtivos é posible obter uns bos resultados.
Russula estableceu a revisión periódica dos seus obxectivos coa fin de garantir o cumprimento dos principios establecidos na súa política e mellorar así a súa Xestión de Calidade.
Política ambiental e de calidade (PDF)
Certificacións ISO
- ISO 9001:2000
- ISO 14001:2004
- Wonderware Certified Developer




