Automatización
Ao longo de máis de 20 anos, o noso principal obxectivo foi desenvolver solucións de automatización para a industria do aceiro e do metal. Desenvolvemosmáis de 400 proxectos de automatización en todo o mundo para instalacións novas e para ampliacións e reformas de plantas. Esta experiencia levounos a formar un equipo altamente cualificado, cunha combinación única entre coñecemento do proceso de tren de laminación e do sistema eléctrico.
Russula continúa sendo un subministrador independente de sistemas de control, por iso eliximos a mellor combinación entre PLC/Controlador e hardware, de acordo coa situación exposta polo cliente. Todo o noso programa faise seguindo o protocolo aberto estándar, que lles dá aos clientes a capacidade de facer melloras eles mesmos. O noso obxectivo é seleccionar bloques de función estándar e hardware para reducir custos de repostos e facilitar o mantemento, sen «caixas negras».
Entre as nosas áreas de experiencia en temas de automatización atópanse:



