HMI/Receita/MES

HMI/Receita/MES

Hoxe en día a produción depende aínda máis de plantas de aceiro que poidan adaptarse rapidamente a unha ampla gama de produtos e dimensións manexando un nivel de inventario baixo, maximizando a dispoñibilidade do tren de laminación e cumprindo cos prazos. Para lograr estes obxectivos de modo eficaz, é imprescindible que exista un fluxo ininterrompido de información dende o seu proceso ao persoal da planta, ao Manufacturing Execution System (MES) e finalmente ao sistema de xestión, Enterprise Resource Planning (ERP).

Russula ofrécelle as seguintes solucións como unha ventá analítica para a súa planta de fabricación:

  • HMI – Interface Home Máquina – é un sistema flexible para a selección, instalación e monitorización vía pantallas, teclado e rato/bóla de seguimento.
  • Sistema de receitas – é unha base de datos dos produtos baseada nas dimensións dos materiais rodados e os seus correspondentes axustes ao tren. Cada receita proporciona os axustes e seleccións necesarias relacionadas co produto a rodar. As receitas modifícanse e almacenanse para unha reutilización posterior dun xeito rápido e sinxelo, tamén son adaptadas para os cambios rápidos de dimensións, grados e formas do produto.
  • MES é un sistema que optimiza os procesos de produción e integra requisitos operacionais co nivel do proceso de toma de decisións da empresa, cubrindo así o oco existente entre o proceso do tren de laminación e o sistema ERP. MES ten as seguintes funcións:
    • Xestión dos pedidos de venda
    • Planificación de produción
    • Xestión de calidade
    • Control de existencias
    • Xestión de mantemento