Etapa II - Decantación de lamas e eliminación de aceite
Funcións Principais: Eliminar as partículas pequenas, graxa e aceites que veñen do foso da cascarilla ou do foso colector.
A eliminación de lamas: As partículas que se depositan no fondo dos decantadores son arrastradas polo rascadoiro de lamas e estas partículas van directamente ó foso de lamas. No foso hay instaladas bombas sumerxibles verticais. Estas bombas impulsan as lamas ó espesador de lamas.
A eliminación de aceite: Os aceites que quedan na superficie dos decantadores elimínanse coa ponte rascadeira cara o skimmer dende onde se arrastran ó depósito do aceite. O aceite non retirado bombéase cara o espesador de lamas para máis separación.




