Arcelor Mittal
 

A modernización do Tren de Rolos incrementa a capacidade nun 22%

Arcelor Mittal, Brazil

Russula forneceu solucións completas de control e automatización para a modernización do tren de rolos de dous fios en Arcelor Mittal - Joao Monlevade, Brasil.

O servizo de Russula inclúe unha modernización completa do equipo eléctrico e do sistema de control e automatización:
  • SECCIONADORES DE MEDIA TENSIÓN
  • TRANSFORMADORES DE POTENCIA
  • MOTORES DC/AC
  • CONVERTEDORES DC, ABB DCS600
  • CONVERTEDORES DE FRECUENCIA, ABB ACS800
  • HMI, WONDERWARE
  • SISTEMA DE CONTROL, S7-400
  • ENXEÑERÍA
  • INSTALACIÓN ELÉCTRICA COMPLETA
  • POSTA EN MARCHA
  • FORMACIÓN

Desafío:

O principal desafío foi minimizar o tempo de parada e poñer en marcha a planta na data estimada para cumprir coa demanda de mercado.

Resultados do proxecto:

Logo dun tempo de construción de tan só 20 días Russula logrou poñer en marcha a planta na data planificada, 1 de maio do 2006. Isto foi conseguido grazas a unha estrita planificación do proxecto durante a instalación, supervisión e posta en marcha. Os equipos eléctricos foron comprobados antes da posta en marcha para asegurarse de que calquera fallo fose previsto e corrixido. Por conseguinte, Russula puido cumprir as datas requiridas polo proxecto, asegurándose de que non fose necesario ningunha reparación e sen ningún tipo de complicacións ou problemas de seguridade.

Melloras da capacidade

Un significativo aumento do 22% da capacidade de produción foi alcanzado grazas a un tempo de parada mínimo mediante a operación optimizada. O uso de varios módulos de receita predeterminados permitiu unha produción máis rápida de varios produtos finalizados cunha calidade óptima. En xuño do 2006, un mes despois da posta en marcha o tren xa alcanzara o 80% da súa capacidade nominal, e a principios de xullo do 2006 alcanzara un 95% da súa capacidade total.