Project Gerdau Ameristeel Wilton
 

Posta en marcha da modernización do tren de barras de 340,000 tpy
en tan só 7 días

Gerdau Ameristeel Wilton

Datos da planta:
Planta: Gerdau Ameristeel Wilton
Produto: Barras comerciales
Capacidade: 340 000 tpy
Tempo de parada: 168 horas

Russula forneceu unha solución eléctrica e de control completa para a modernización do tren continuo de 12 caixas en Gerdau Ameristeel - Wilton, Iowa. Os obxectivos da modernización eran substituír o equipo obsoleto e modernizar o sistema de control cos mesmos estándares que noutras plantas de Gerdau Ameristeel.

Russula forneceu un novo sistema de automatización para o tren usando unha receita-base que emprega o controller AC800M de ABB, o HMI RSView e o sistema de adquisición de datos a alta velocidade IBA. As principais funcións do sistema inclúen o control da velocidade en cascada, control de lazo e tensión e control da cizalla. Os DC drives existentes foron reconstruídos segundo os estándares modernos, usando mandos dixitais frontais ABB DR600.

A modernización do tren continuo foi unha continuación de dous proxectos executados satisfactoriamente por Russula. O primeiro proxecto foi o control dunha nova cizalla e o segundo foi unha modernización do tren intermedio de Wilton. A posta en marcha da modernización completa do tren continuo realizouse en tan só 7 días. O record de posta en marcha para esta modernización é froito do traballo intensivo e a dedicación do equipo de enxeñeiros de Russula e Gerdau Ameristeel Wilton.