Tipo de cursos
 

Tipo de cursos

Control de laminación para operadores
Este curso está enfocado a operadores con experiencia para ofrecerlles un coñecemento básico dos compoñentes de control, operacións e diagnósticos. Son incluídos os seguintes temas: conceptos de factor R, utilización de receitas, control automático, control manual, alarmas e eventos, navegación do HMI e funcións do panel de control. O curso ten unha duración de 1 día e un máximo de 5 alumnos.

Mantemento do control do tren de laminación
Este curso está destinado a técnicos con experiencia en trens para proporcionarlle coñecementos de mantemento eléctrico do tren de laminación e para resolver problemas urxentes. Os temas inclúen: o básico sobre o factor-R, arquivado de receitas, control automático, control manual, alarmas e eventos, navegación do HMI, funcións do panel de control, conceptos de comunicación, o seguimento do produto, control de tensión, control de bucle, control de corte, cálculo de corte, optimización de corte e resolución de problemas co sistema IBA. O curso ten unha duración de 2 días, cun máximo de 5 alumnos.

Mantemento eléctrico do tren de laminación
Esta clase está enfocada a técnicos con experiencia para ofrecer un coñecemento detallado do hardware e a instalación do sistema de control de Russula. Os temas inclúen unha vista xeral do hardware, resolución de problemas durante a instalación, diagramas de arame e sistema IBA de adquisición de alta velocidade para mantemento eléctrico. O curso terá unha duración de 1 día, 5 alumnos máximo.

Formación de PLC: ABB AC800M para trens de laminación
Esta clase está enfocada a enxeñeiros e técnicos que estean interesados no mantemento e programación de PLC. Os temas inclúen a descrición do hardware, utilización de Control Builder para mantemento e programación. Duración de 2 días, máximo de 10 alumnos.

DC Drives: ABB DCS800 e DCR800
Esta clase está enfocada a enxeñeiros e técnicos interesados no mantemento e resolución de problemas con convertedores de corrente continua. Os temas inclúen unha descrición detallada do hardware e a utilización da ferramenta Drive Windows para resolver problemas. 2 días, máximo de 10 alumnos.

IBA Sistema de adquisición de alta velocidade
Esta clase está enfocada a enxeñeiros e técnicos interesados na resolución de problemas usando o sistema de IBA. Os temas inclúen a conexión do IBA, compoñentes do IBA, comunicación do IBA e o emprego detallado do IBA Analyzer software. 1 día, máximo de 5 alumnos.

Perspectiva eléctrica do proceso de laminación
Esta clase está enfocada a enxeñeiros con experiencia que queren adquirir un coñecemento máis amplo do sistema eléctrico para mellorar o proceso e adquirir un alto nivel de resolución de problemas. Os temas inclúen: concepto do proceso de laminación, arquitectura de programación do PLC, descrición das bibliotecas do PLC do tren de laminación, desenvolvemento de HMI, sistema de comunicacións avanzadas e conceptos de enxeñería de convertedores de corrente continua. 4 días, cun máximo de 4 alumnos.