Formación
Para un proxecto a grande escala ou como posta ó día para mellorar a dinámica de traballo na empresa, Russula sempre considerou a formación como un dos aspectos fundamentais para o bo funcionamento dunha planta. Russula ofrece formación in situ e externa, esta última normalmente lévase a cabo na súa oficina principal en España.
A formación é impartida nunha aula, exceptuando aquelas actividades nas que se require estar na planta. As clases inclúen unha presentación sobre o hardware e o software utilizados na laminación de aceiro, prestándolles especial atención aos sistemas que o cliente posúe. Trátanse temas de operación, mantemento e enxeñería. Durante o curso distribúense manuais e documentación entre os asistentes.
Tipo de cursos:
- Control de laminación para operadores
- Mantemento do control do tren de laminación
- Mantemento eléctrico do tren de laminación
- Formación de PLC: ABB AC800M para trens de laminación
- DC Drives: ABB DCS800 e DCR800
- IBA Sistema de adquisición de alta velocidade
- Perspectiva eléctrica do proceso de laminación



